CATOIRA > O Concello de Catoira aprobou hoxe nun pleno extraordinario a modificación do proxecto aprobado no 2005 da rede de saneamento…
nos lugares de Abalo, Cores e A devesa. Augas de Galicia financiará o custe total das obras e entregaranse os terreos para a súa execución. Finalmente descartouse a instalación dunha depuradora residual por un sistema de bombeo acuífero.
Tódolos grupos políticos da corporación aprobaron por unanimidade e deron o seu apoio ó Concello de Catoira para levar a cabo a rede de saneamento para os lugares de Abalo, Cores e A devesa. O proxecto inicial contemplaba a instalación dunha depuradora de augas residuais, finalmente optouse por un sistema de bombeo alternativo
O custe das obras ascenden a 250.000 euros que asumirá na súa totalidade Augas de Galicia. O concello cederá os terreos para a súa execución
Redacción Salnés