Unha focha de medio metro obriga a pechar unha rúa próxima o IES Cotarelo Valledor

VILAGARCÍA> Unha focha obriga a cortar a circulación nunha parte da rúa Ameixeras de Vilagarcía. O buraco ten aproximadamente un diámetro de medio metro e un metro de fondo. A zona non se reabrirá ao tráfico ata que se arranxe a estrada, nos vindeiros días.

As 9 e media da mañá e en pleno horario escolar, un particular alertaba aos servizos de emerxencias dunha focha na estrada da rúa amexeiras, próxima ao instituto Armando Cotarelo Valledor. Os primeiros en chegar á zona foron os sevizos de protección civil que ao comprobar o tamaño da fochanca cortaron o tráfico e avisaron á policía local.

O buraco ten un diámetro de medio metro de largo por 20 centímetro de ancho cunha profundidade dun metro. Ata a zona achegáronse os técnicos do concello para comprobar o estado da calzada.

Segundo a inspección realizada polo enxeñeiro municipal, a fochanca foi provocada polo baleirado provocado por unha corrente de auga procedente da tubaxe que canaliza un regato baixo a vía. A rapidez de protección civil evitou que a focha causase problemas.

A estrada está agora mesmo cortada no tramo que une a avenida de Cambados coa rúa Benitiño. Está previsto que os operarios de obras comecen o luns a traballar na reparación da canalización e no posterior recheo e pavimentación da vía. O tramo non se reabrirá ao tráfico ata que a obra estea completada. O corte da circulación non impide o acceso ás distintas zonas da periferia, como o instituto ou o campo de fútbol, por outras vías. A policía local colocou sinais de aviso para alertar aos condutores de que a rúa está pechada.

O peche do tráfico tamén obrigará a desviar aos autobuses do instituto Armando Cotarelo Valledor. A seguridade da vía volve a quedar no aire trala denuncia que unhas veciñas fixeron en setembro. A zona transitada diariamente por decenas de estudantes carece de beirarrúas, a maleza sobresae das fincas e a visibilidade nalgún punto é escasa. Estes non son os únicos perigos que depara esta vía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí