![]()
VILAGARCÍA > José María Pindado recolleu hoxe os mil euros en vales de compra que lle tocaron no sorteo do Día do Pai de Zona Aberta.
José María Pindado conseguiu o seu premio por mercar en Orza Náutica, polo que foi a propietaria deste establecemento, Mari Carmen García a encargada de darlle o agasallo, mil euros en vales de compra que José María terá que gastar nos establecementos asociados a Zona Aberta. Terá de prazo para facelo ata o vindeiro venres, anque moito sospeita o gañador, que será a súa muller quen faga as compras e se de algún capricho.
Redacción Salnés







