Ruta para os padais máis lambeteiros en Sanxenxo

     SANXENXO> Primeiro foron as tapas e logo os cócteles e agora, en Sanxenxo convídannos a degustar doces. Este novo programa …

    {flowplayer}images/salnes/ptac_degusta_dulce.flv{/flowplayer}
     
    … Degustadoce permitirá ó consumidor probar durante este ano os sobremesas caseiros que elaborarán 17 establecementos do municipio.
     
    Tarta de améndoa e chocolate, rosca, filloas recheas de arroz con leite, crepes de queixo e uvas, mousse de limón con xelatina de gintonic ou mousse de turrón, son algúns dos doces que o consumidor poderá degustar nesta promoción. E os prezos oscilarán entre o 1,80 dun Nutty e os 5,50 por exemplo duns Nems de queixo de tetilla.
     
    O programa arranca con 17 locais pero está aberto a novos establecementos e a carta de doces tamén acepta novas suxestións, incluso de tempadas como a que de Pascua.
     
    Para os consumidores haberá un pasaporte nas oficinas de turismo, e unha vez certifiquen con el que probaron 7 doces ou máis, entrarán no sorteo de 34 merendas para dúas persoas e de 50 lotes de produtos de merchandising de Turismo de Sanxenxo.
     
    Redacción Salnés