Mari Carmen Salgueiro encabeza a candidatura do PSOE de Meaño

    maricarmensalgueiropsoemeao_10026.03.07.jpgMEAÑO > No número dous irá o actual concelleiro socialista Manuel Oubiña que tamén participou na presentación pública da candidata.

    O PSOE de Meaño presentou xa á súa candidata á alcaldía. Trátase de Mari Carmen Salgueiro, unha muller vinculada hai tempo ó partido anque nunca de forma pública. Ésta será a súa primeira experiencia á fronte dunha candidatura, como o será para moitos dos seus acompañantes na lista. Deste xeito o Psoe aposta firmemente por ser alternativa de goberno en Meaño.

    listapsoemeao200_26.03.07.jpgAcompañada por moitos compañeiros de toda a provincia, Mari Carmen Salgueiro presentouse publicamente como candidata á alcaldía de Meaño. Xunto con ela, de número dous irá o actual concelleiro socialista Manuel Oubiña de xeito que se alterna renovación e experiencia xunto con homes e mulleres.

    Pero ademais dos compañeiros que irán con Mari Carmen na lista e de moitos veciños de Meaño, na súa presentación estiveron compañeiros de toda a provincia, como os deputados no Congreso Antón Louro e Domingo Tabuyo, que aseguraron que comeza unha nova época para Meaño e pedíronlle ós veciños confianza na candidata e no Partido Socialista.

    Mari Carmen Salgueiro destacou a súa intención de abri-las portas do concello a tódolos veciños, que, asegura, agora as teñen pechadas. Mari Carmen quere cambia-la forma de gobernar e introducir aire fresco e novas ideas que poñan a Meaño no lugar que foi perdendo nos últimos anos. E é que, segundo esta candidata, nin sequera os maiores ou os máis pequenos tiveron un lugar nas políticas do PP meañés.

    Redacción Salnés