VILAGARCIA > A Vilagarcía Basket Cup 2007 botou a andar esta mañá. Hoxe celebrouse a presentación desta edición, e van 12, na que…
…se dan cita os mellores equipos e xogadores sub-20 do mundo. Entre o vindeiro xoves 5 de abril e o sábado 7, os 8 mil metros cadrados do recinto feiral de Fexdega, o Vilagarcía Arena, acollerán a casi tres mil espectadores, máis de mil xogadores e un cento de voluntarios. O padriño desta edición é Anicet Lavodrama, un histórico do baloncesto que tamén estará en Vilagarcía durante o torneo.
O Vilagarcía Basket Cup 2007 cambia de escenario. Cambia ó recinto feiral de fexdega, o Vilagarcía Arena no que os afeccionados poderán desfrutar de 8 mil metros cadrados adicados en exclusiva ó mellor baloncesto do mundo. Poderán ver ós mellores xogadores do futuro, ós mellores equipos do momento, espectáculos, actividades, minitorneos… Un despliegue de medios que como aseguraba hoxe o seu organizador, Alberto Blanco, ninguén se imaxinaba cando fai doce anos celebraron o primeiro torneo. Por iso mesmo, sentenciou están tan orgullosos de ter chegado ata eiquí, con traballo duro e a motivación e apoio do público. Todo un soño.
Padriño
Nesa liña de orgullo mostrou a súa satisfacción pola evolución do torneo o director xeral para o deporte, Santiago Domínguez, quen situou a Vilagarcía como un referente mundial do baloncesto. O padriño desta edición é un histórico do baloncesto, Anicet Lavodrama. Ex-xogador ó máximo nivel, representante da federación internacional de baloncesto para África, e olleador da NBA; o seu vínculo con Galicia desde que xogara nos principais equipos continúa a día de hoxe co apoio a este torneo.
Acompañando ós organizadores nesta presentación estiveron tamén o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Juán Duran; o concelleiro de Deportes, Carlos Guerrero; e os representantes dos principais patrocinadoresA partir do día 5, a compaña serán os máis de 100 voluntarios e case tres mil espectadores. Cando o soño, se faga realidade.
Redacción Salnés