Sanidade non asumirá os gastos do Centro de Saúde de Cambados

    cores_touris100_090209.jpgCAMBADOS> Novo roce entre o Concello de Cambados e a Xunta. No centro da polémica está agora o centro de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_CENTRO_SAUDE.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Consellería de Sanidade acordou asumir os custes de mantemento en tódolos edificios dos centros de saúde en Galicia, agás o de Cambados e Cariño. Alega a Xunta que estes están situados en concesións administrativas de Portos.

    Con este argumento arranca unha nova polémica entre o alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e o goberno da Xunta. O rexedor considera que se trata dunha nova discriminación contra Cambados e cometida pola mesma persoa que pechou as urxencias pediátricas do PAC da localidade.

    Explica Cores Tourís que o Concello gasta anualmente uns 60.000 euros no centro de saúde, para o salario das dúas limpadoras e para o mantemento de instalacións, teléfono, electricidade e calefacción. Por iso, cando a consellería anunciou que se faría cargos destes gastos en tódolos concellos galegos, o goberno local se apresurou a aprobar a cesión destas instalacións a Sanidade.

    O alcalde cre que non debería ser difícil que Portos e Sanidade cheguen a un acordo, ó estar ambas xestionadas polo PSOE. En caso de demora no traspaso do centro de saúde, Cores Tourís esixe á consellería que lle subvencione ó cen por cento dos gastos de mantemento. En caso contrario, non descarta acudir ós tribunais para reclamar a subvención.

    Redacción Salnés