Un portonovés colocará a bandeira de Sanxenxo na Antártida

    SANXENXO> Miguel Ángel Montes será o cociñeiro dunha expedición española á Antártida promovida polo CSIC.

    {flowplayer}images/salnes/CatalinaEntregaBandeira_121212.flv{/flowplayer}

     acto de entrega tivo lugar na Adega Paco y Lola, colaboradora con este proxecto. Miguel Ángel Montes é un experimentado cociñeiro, que xa participou noutras expedicións anteriores á Antártida, dentro da Unidade de Tecnoloxía Marítima do CSIC. Noutras ocasións a estancia foi de seis meses. Desta volta serán tres. 

    A expedición partirá mañá cara Santiago de Chile de onde se trasladará a Punta Arenas ata o día 17, cando partan cara a Antártida. Alí, unha expedición de case 50 persoas pasará o Nadal na base Juan Carlos I, onde realizarán estudios sobre os glaciares, líquenes ou a actividade volcánica alí rexistrada.

    Preparado para pasar moito frío, Miguel Ángel Montes terá dous obxectivo: colocar a bandeira de Sanxenxo e darlle de comer a toda a expedición. Recoñeceu que a maioría dos productos que leva son, como non, galegos.

    Redacción Salnés