![]()
VILANOVA > O Eroski Center do Terrón abrirá as súas portas ós clientes o vindeiro venres, logo da inauguración oficial prevista …
… para mañá ás oito da tarde. O novo supermercado está situado no Terrón, na rotonda de acceso á ponte da Illa, un lugar moi estratéxico, pensado para dar servizo á poboación desta zona.
O Eroski Center do Terrón terá unha superficie de sala de vendas de 1.410 metros cadrados, con seis caixas de cobro e cun horario de apertura de 10 da mañá a 10 da noite. Ademais de facilidades ós clientes, como a entrega a domicilio, ou a tarxeta Eroski/Red, coa que poderán abonar as súas compras sen custe adicional algún, o supermercado disporá dun aparcamento de 2.800 metros cadrados con 88 prazas. Nel o grupo investiu 1,4 millóns de euros, xerando 31 postos de emprego.
Vegalsa-Grupo Eroski destaca que como novidade, o supermercado de Vilanova terá sección de téxtil, pequenos electrodomésticos e bazar. Seguindo a liña da empresa ofrecerá productos frescos e da zona, froita, peixe, panadería e lácteos, baixo a marca Eroski Natur Selección. E tamén terá á venda productos galegos de denominación. Nesta aposta da empresa inclúense convenios como o asinado xa con Ternera Gallega, e os previstos con Pataca Galega e coa Denominación de Orixe Rías Baixas.
O de Vilanova será o máis grande dos seis Eroski Center instalados xa no Salnés. Á outra beira da ría tamén está previsto inaugurar en breve un en Ribeira e outro en Noia, que se suman ós xa existentes en Boiro e Rianxo.
Redacción Salnés









