![]()
PONTEVEDRA > Pontevedra convertiráse no centro do maior festa naútica de Galicia. A partir do próximo 17 e ata o 20 de maio…
…máis de 500 embarcacións abordarán a ría de Pontevedra nun esforzo sen parangón para achegar o deporte da vela os cidadáns. Os clubes de Sanxenxo, Aguete, Beluso, Portonovo e a comisión de regatas da escola naval militar de Marín participan nesta épica proposta. Aqueles que lles apasione a vela terán unha oportunidade de ouro a partir do próximo 17 de maio. Ese é punto de partida da semana naval ría de Pontevedra que está patrocinada por Caixa Galicia e Trofeo Pescamar. E aqueles que non coñezan este mundo non se poden perder esta festa da naútica na que poderán, entre outras actividades, seguir unha regata dende un catamarán e observar os lances deste deporte.
A regatista e subcampeona olímpica en Atenas 2004 e vixente campiona do mundo e de Europa, Sandra Azón tamén participa por primeira vez na organización dun evento como este. Esta vez ademáis de participar nas actividades tamén estará detrás, na organización da cita. Un proxecto que une por primeira vez os clubes da ría e que xa nace como o maior evento naútico da nosa comunidade. 3. metros cadrados de ocio onde se desenvolverán actividades como a parada naval, unha regata profesional-amateur, os bautismos de mar ou a exponaútica entre outros.
En definitiva, actividades tanto para os máis expertos na materia como para os máis novos neste mundo. Xa comezou a conta atrás e só faltan 50 días para esta gran festa naval inunde a ría de Pontevedra.
Redacción Salnés











