John Ballan recibe unha segunda homenaxe na cidade de Pontevedra

    john_270307__100.jpgPONTEVEDRA > Unha vida adicada ó espectáculo, e un día adicado a un dos personaxes máis pintorescos…

    …da nosa cultura recente. John Balan recibiu hoxe unha entrañable homenaxe na que estiveron presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernéndez Lores e a candidata do PSOE a alcaldía, Teresa Casal. A Casa das Campás albergou hoxe a emocionante homenaxe a Manolo Balán. Toda unha carreira entre bambalinas adicada o mundo da farándula. John Ballan contou as suás peripecias en Madrid. Relatou de cómo se foi con moi pouco diñeiro e moitas ilusións.

    A pesar das malas pasadas que nos últimos tempos xogoulle a súa saude, Ballan mostrouse falador, simpático e humilde. Asegurou que lle trataron moi ben e que non se esperaba que lle fixesen este agasallo. É a segunda homenaxe que recibe John Balla na cidade do Lérez. O artista non foi gañardonadp cós premios cidade de Pontevedra pero en compesación recibiú dous agasallo. Primeiro, unha homenaxe do público que xa tivo lugar no Teatro Principal e agora, este encontro cós grupos municiapais e có xurado que fallou os premios. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, falou da importancia da entrañable figura de John Ballan. Lores afirmou que a figura de Ballan sempre levou consigo tanto a cidade de Pontevedra coma a vila de Marín. Unha merecida homenaxe a un das persoaxes máis pintorescas de Pontevedra nos últimos anos.

    Redacción Salnés