A CIG non desbota a convocatoria dunha folga xeral

    VILAGARCÍA> A CIG retoma as mobilizacións. O sindicato ten convocada unha manifestación en Santiago o vindeiro 28 de xaneiro, para reclamar a recuperación de dereitos para a clase traballadora. Dende a plataforma advirten da necesidade de que se revirta a situación. De non ser así, non desbotan a convocatoria dunha folga xeral antes do verán.

     

     A CIG volve á rúa para reclamar a recuperación dos dereitos dos traballadores. O sindicato convocou unha manifestación o vindeiro 28 de xaneiro en Santiago de Compostela, que sairá ás 12 da alameda.

    De feito, o día 10 de marzo volverán a manifestarse, desta volta para conmemorar o Día da clase Obreira Galega. O sindicato retoma o calendario de mobilizacións con intensidade, e non desbotan que remate nunha folga xeral antes do verán.

    A perda de dereitos dos traballadores e os ataques contra o sistema público de pensións, son os principais eixos das protestas do sindicato.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/rp_cig_dereitos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/rp_cig_dereitos.mp4{/flowplayer}