Bota a andar de novo o Consello de Navegación e Porto

    autoridadeportuaria100_280307.jpgVILAGARCÍA > O Consello de Navegación e Porto reuniuse por primeira vez, despois de 9 anos de inactividade. A iniciativa parte …

    … do presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, e do Capitán Marítimo de Vilagarcía, Martín Rosales.

    autoridadeportuaria200_280307.jpgAutoridade Portuaria e Capitanía Marítima de Vilagarcía puxeron hoxe a andar de novo o Consello de Navegación e Porto. Trátase dun órgano de asistencia e información composto por 29 membros, entre persoas físicas e xurídicas, con interese relevante no bo funcionamento do porto e do tráfico marítima. Esta tarde reuniuse por primeira vez, despois de 9 anos de inactividade. A presidencia recaerá en Jesús Paz, presidente da Autoridade Portuaria, e a vicepresidencia en Martín Rosales, capitán marítimo de Vilagarcía. Ambos consideraron adecuado activar este órgano.

    Nesta primeira reunión constituíronse ademais dúas comisións de traballo. O comité de servizos portuarios básicos analizará, impulsará e informará dos pregos de base de servizos como remolque, amarre, ou practicaxe, entre outros. O segundo grupo de traballo centrarase na calidade, seguridade e medio ambiente, co obxectivo de mellorar a oferta para que os servizos portuarios teñan a eficiencia e eficacia que obriga a lei.

    O Consello de Navegación e Porto recollerá as conclusións destes comités, que non terán caracter vinculante. A intención da Autoridade Portuaria e Capitanía Marítima é que este órgano se reúna como mínimo unha vez ó ano.

    Redacción Salnés