O obradoiro de hostalería ensina aos máis pequenos de Sanxenxo a almorzar de forma saudable

SANXENXO> O alumnado do CEIP Plurilingüe Cruceiro de Vilalonga aprende a almorzar de maneira saudable. 45 estudantes de terceiro e cuarto de primaria gozaron dunha xornada no obradoiro de hostalería do Salnés. Os pequenos e pequenas cociñaron os seus propios almorzos como pizzas vexetais e muffins.

O obradoiro de hostalería do Salnés comezou as xornadas de almorzos saudables. Os diferentes centros escolares de Sanxenxo achegaranse as súas instalacións para gozar dun almorzo san pero tamén para concienciarse sobre a importancia de tomar alimentos saudables.  

Nesta xornada participaron 45 estudantes. Os nenos e nenas non só gozaron do almorzo, tamén aprenderon a elaboralo por eles mesmos.

Dende o centro valoran de forma moi positiva a realización de actividades como estas.

E os máis pequenos demostraron o aprendido.

Para o obradoiro tamén é unha oportunidade para ensinar aos seus alumnos a elaborar diferentes almorzos sans.

A actividade desenvolverase con outros dous centros escolares máis nas vindeiras datas. O venres será a quenda do CEIP a Florida e o próximo xoves do do CEIP Portonovo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí