Unha escultura de Lucas Míguez dará a benvida nunha das entradas ó Salnés

    miguezmeis_240507__100.jpgMEIS > O artista Lucas Míguez verá de novo como unha das súas obras luce na comarca do Salnés, esta vez no…

     

    …concello de Meis. O alcalde da vila, Jose Luís Pérez, presentou a maqueta da obra que estará lista dentro dun ano e medio.

    Este traballo representará ás distintas actividades económicas que son o motor do Salnés. Dende China ata a Illa de Arousa pasando por México ou Vilanova. Todos estes lugares teñen un factor común. O arte de Lucas Míguez luce nas súas rúas. Á longa lista de lugares que gozan do seu traballo únese agora o concello de Meis, vila natal do escultor.

    A maqueta da obra é xa unha realidade que lucirá dentro de aproximadamente un ano e medio nunha das entradas que dan acceso á nosa comarca. A obra trátase dunha escultura esculpida en bronce de entre dous metros e dous metros sesenta e que consta de 10 figuras. Cada unha delas representa unha activida económica importante no Salnés. O alcalde de Meis, Jose Luís Pérez amosouse ledo de contar coa maxia das mans de Lucas Míguez. Agora o artista de Meis deberá completar a escultura que dará a benvida ós visitantes a nosa comarca.

    Redacción Salnés