![]()
RIBADUMIA> Cos proxectos do novo Plan E xa aprobados, o Concello ultima a súa redacción para comezar de seguido co proceso de adxudicación das obras.
Son en total tres execucións que permitirán a contratación de quince persoas en situación de desemprego.
Unha das obras será a integración da senda fluvial do río Umia no casco urbano de Barrantes, cun presuposto de execucións de case 350 mil euros. Preténdese continuar ata o casco urbano de Barrantes a senda fluvial desde a Ponte de Barrantes ata a Ponte de Cabanelas. A integración do paseo faríase co acondicionamento da praza que está ó lado da Casa do Concello.
Tamén con cargo ó Plan E desenvolverase un proxecto de aforro enerxético en todo o alumeado público que carece de fotocélula. O presuposto ascende a máis de 62 mil euros e permitirá aforrar notablemente os custos de mantemento e o consumo de enerxía.
Ademais, no lugar de Casal, en Lois, completarase cuns 22 mil euros o saneamento de auga para dar servizo á rede de sumidoiros. Os 70 mil euros restantes do Plan E destinaranse a gastos correntes de fins sociais.
Redacción Salnés








