O BNG de Meis denuncia obscurantismo en varios proxectos da alcaldía

    maricarmemartinez_100_280307.jpgMEIS > Mari Carme Martínez, concelleira do BNG en Meis e candidata á alcaldía denunciou hoxe as trabas que segundo ela…

    …lle está a poñer a alcaldía do concello para acceder á documentación do convenio entre o concello e a igrexa para a construcción do tanatorio e o complexo deportivo en San Martiño. Martínez, tamén se referiu ó obscurantismo co que se están a tratar as obras de mellora da avenida de Cambados.avenidacambados_200_280307.jpg

    A concelleira do BNG de Meis e candidata á alcaldía, Maria Carme Martínez denunciou hoxe as trabas que lle está a poñer a alcaldía á consulta do convenio firmado entre o concello e a igrexa para a construcción do tanatorio, a piscina climatizada e o complexo deportivo en San Martiño. Martínez amosou os documentos polos que solicitara en maio de 2006 a consulta do convenio para estudialo ó que ala alcaldía respondeu cunha citación para o 16 de marzo de 2007.

    Mari Carme Martínez acudiu a pasada semana á consulta do convenio que finalmente non se puido efectuar porque non estaba a súa disposición, polo que presentou unha queixa ó alcalde, quen lle contestou cun escrito no que recoñece os feitos. Aínda así e á vista de que a consulta non puido efectuarse, o escrito non recolle unha nova data polo que a concelleira do BNG amósase sorprendida e solicita unha nova cita.

    Melloras

    Por outra banda, tamén denunciou que nas obras de mellora da avenida de cambados non se informou ós veciños das actuacións que se ía levar a cabo incluso nas súas propiedades. Polo que solicita que a alcaldía se poña canto antes en contacto cos veciños.

    A concelleira considera que o grupo de goberno está agochar algo nestes proxectos e demanda José Luis Pérez Estévez ‘unha explicación e non evasivas’, en palabras de Mari Carme Martínez.

    Redacción Salnés