Aparecen restos humanos na planta de compostaxe de Lousame

LOUSAME > A policía xudicial investiga a aparición de restos humanos na planta de reciclaxe e compostaxe da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza.

perna2_300_280307.jpgÓ parecer e segundo nos informaron fontes próximas á investigación a perna foi atopada por persoal da planta de reciclaxe a última hora da tarde de onte durante o proceso de selección dos distintos residuos. Nada máis ter coñecemento dos feitos a policía xudicial da Garda Civil desprazouse ata o lugar para inicia-las investigacións, trasladando os restos humanos encontrados ata o Instituto Anatómico Forense de Santiago onde están a ser analizados para poder determina-la idade á que corresponde, así como tamén a súa procedencia. Polo de agora son todo conxeturas, xa que apenas hai datos sobre a investigación, pois tanto a Garda Civil como a propia empresa responsable da xestión desta planta de reciclaxe e compostaxe, Fomento de Construcciones y Contratas, gardan un total mutismo sobre o acontecido.

Ampla búsqueda

Ata o vertedoiro de Servia no concello de Lousame, inaugurado no ano 2003, derívanse os residuos dun total de nove concellos, a maioría deles pertencentes á Mancomunidade Serra do Barbanza como é o caso do propio Lousame, Brión, Muros, Noia, Porto do Son e Carnota, así coma tamén outros municipios limítrofes como Rois, Pontecesures e Ames, polo que o radio de acción da búsqueda é amplo. En todos estes concellos descoñécese polo de agora que se producira algunha desaparición recente.

Redacción Barbanza