Eroski completará a súa presencia no Salnés con tendas en Dena e Vilagarcía

    eroskiinauguracion100_290307__still_003.jpgVILANOVA > O Eroski Center do Terrón abriu hoxe as súas portas ó público, logo da inauguración oficial polas autoridades locais …

    … e os responsables de Vegalsa-Grupo Eroski. Representantes das Mulleres Rurais, das mariscadoras a pé, dos hostaleiros, veciños e provedores foron algúns dos convidades a esta festa de apertura.

    eroskiinauguracion200_290307__still_001.jpgAs gaitas soaron onte en Vilanova para festexar a apertura do novo supermercado Eroski Center instalado nas inmediacións da rotonda do Terrón. Ata o lugar desprazáronse altos cargos de Vegalsa-Grupo Eroski, que convidaron a esta inauguración ás autoridades locais máis a representantes das Mulleres Rurais, mariscadoras a pé, hostaleiros e provedores da zona. E foi o cura de Caleiro Andrés Nieto o encargado de bendicir o establecemento.

    O emprazamento do supermercado foi definido polo director de Relacións Institucionais de Vegalsa – Grupo Eroski, Javier González, como ‘estratéxico’, pensado para abastecer á poboación de Vilanova pero tamén da Illa de Arousa. O Eroski Center de Vilanova dispón dunha superficie de venda de máis de 1.400 metros cadrados e conta con 31 persoas no seu cadro de persoal, na súa meirande parte mulleres e con contrato indefinido, e que onte estreaban uniforme de traballo. O director xeral de Vegalsa – Grupo Eroski, Joaquín González, insistiu na calidade dos seus productos pero tamén na súa aposta polos productos da zona.

    eroskiinauguracion200_290307__still_002.jpgArestora hai seis tendas Eroski Center no Salnés, pero o grupo confirmou onte que pronto terán novos supermercados nesta comarca. Segundo indicou Javier González a TVSB, xa teñen firmado outro establecemento en Dena (Meaño) e outro en Vilagarcía. Iso, xunto con traslados a Sanxenxo e O Grove ‘completará a nosa presencia no Salnés para os vindeiros anos’, engadiu. Desde hoxe, os clientes xa teñen un novo supermercado no Terrón (Vilanova), que abrirá de luns a sábado de dez da mañá a dez da noite.

    Redacción Salnés