Eiras asegura que o luns continuarán as obras da estrada de Porráns

    porransmorana_100_290307__still_001.jpgMORAÑA > O actual alcalde de Moraña será candidato por sétima vez o vindeiro mes de maio. Así o confirmou onte no programa Pleno Aberto,…

    … onde tamén afirmou que a súa candidatura non será paritaria.

    Segundo o actual alcalde, non atopa mulleres con suficiente ‘tirón electoral’ para incluílas nas listas do Psoe, polo que na súa candidatura só irán catro. Ademais o rexedor destacou como principais logros do seu mandato a posta en marcha de dous polígonos industriais onde se asentan empresas pioneiras a nivel internacional, anque recoñeceu que teñen un grave problema de comunicacións, con estradas en moi mal estado, debido en gran medida ó tráfico pesado que provén deses polígonos.

    Sen embargo asegurou estar no camiño de solucionar estas dificultades. No caso máis polémico, a paralización das obras da estrada Porráns –Moraña, o alcalde asegurou que mañá remata o prazo dado polo xulgado ó veciño de Portas que se nega a abandoa-la súa casa e a vindeira semana as obras retomaranse con normalidade.

    O rexedor tamén confirmou que se vai remodelar totalmente a estrada Moraña – Caldas, para o que houbo que cambia-lo proxecto inicial previsto pola Xunta que só incluía ancheado e pavimentación. Agora refarase totalmente e suprimirante algúns tramos perigosos.

    Redacción Salnés