Tragove ensaia contra a contaminación

    CAMBADOS> O porto de Tragove púxose esta mañá a proba ante a chegada dunha ficticia mancha de hidrocarburo. A Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e a confraría de Cambados ensaiaron todo o dispositivo que habería que pór en marcha para minimizar o impacto do episodio contaminante. Simulacro no porto de Tragove. Todas as alarmas, ficticias, iso si, saltaban na dársena cambadesa: unha mancha de fuel podía pór en perigo bateas e bancos marisqueiros. 41 persoas, vehículos e embarcacións participaron neste exercicio, entendido como un adestramento para recrear a actuación que se realizaría de producirse un episodio deste tipo na vida real. Como tería que suceder ante unha situación deste tipo, Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e Confraría de Cambados traballaron de xeito coordinado. Unha proba máis para ter ben engraxada a maquinaria. Dende Portos de Galicia apuntaron que este tipo de exercicios se realizan de xeito regular, e se repiten nos diferentes portos de titularidade autonómica de toda Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/probas_contaminacion_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/probas_contaminacion_cambados.mp4{/flowplayer}