Colaboración total na Xunta Local de Seguridade celebrada en Sanxenxo

    colaboracion290307_100.jpgSANXENXO > Seguridade viaria, violencia doméstica ou prevención de drogodependencias son algúns dos temas…

    …que se trataron hoxe na xunta local de seguridade do concello de Sanxenxo. A alcaldesa deste concello, Catalina González Bea e o subdelegado do Goberno de Pontevedra, Delfín Fernández, celebraron este encontro nun ambiente de cooperación. Ambas administracións mostraron a súa vontade de seguir colaborando. A pesar da tardanza que envolveu o comezo da reunión os resultados non poderían ser máis positivos.

    A xunta local de seguridade asegurou que durante a reunión mantívose unha colaboración plena e productiva. O subdelegado do goberno do Goberno afirmou que o máis relevante da reunión foi a aprobación dun plan conxunto de seguridade en virtude a un novo marco de cooperación entre a Federación española de municipios e provincias e o ministerio do Interior.

    A delicuencia descendeu en Sanxenxo durante 2006, tanto as faltas como os delitos. Delfín Fernández tamén anunciou que o posto da Garda Civil de Sanxenxo pasa a partir de agora un posto principal o que supón un cambio cuantitativo e cualitativa. Agora mellorará a cobertura policial e se espera que en agosto os 25 axentes actuais pasen a ser 33. Un consello para ós conductores, a policía local de Sanxenxo xa pode restarlles puntos se os pillan cometendo algunha infracción.

    Redacción Salnés