Os traballadores municipais continúan coas concentracións para demandar negociacións

    VILAGARCIA > Os traballadores municipais continúan coas súas mobilizacións para demandar ó concello a negociación

    …da catalogación dos seus postos de traballo. Arredor de vinte destes traballadores recibiron de novo ó alcalde, javier gago, á entrada do pleno ordinario que se celebrou esta tarde, con pitidos e pancartas reivindicativas.concentracionfuncionarios1_300_290307.jpg

    Aínda non hai acordo ningún. O concello de Vilagarcía e os traballadores municipais aínda non se sentaron a negociar a catalogación dos postos de traballo dos funcionarios para mellora-las súas condicións laborais, como eles demandan. Unha semana máis tarde da sonora pitada coa que recibiron os traballadores concentrados ó rexedor municipal durante o pleno extraordinario do pasado xoves, a entrada de Javier Gago ó salón de plenos esta tarde ofreceu maís do mesmo.

    Negociación

    Tras unha pancarta co lema da mobilización ‘Catalogación xa’, arredor de 20 traballadores pitaron, silbaron lle adicaron cánticos o primeiro edil. Os congregados portaban carteis co lema ‘ Menos canción, e máis negociación’, xunto con unha fotografía de Javier Gago, guitarra en man, na inauguración da última edición do salón erótico do Atlántico.

    Polo de agora, os traballadores municipais agradan á reunión que manterán os representantes sindicais coa alcaldía o vindeiro luns, en caso de non achegar postruras, continuarán coas mobilizacións.

    Redacción Salnés