Tres compañías pasarán polo Cine Elma na Mostra de Teatro Afeccionado da Pobra

A POBRA> No marco da súa Mostra de Teatro, o concello da Pobra dedicará o mes de xaneiro ás compañías amateur. Serán tres as funcións que se representen no cine Elma a cargo da Asociación Cultural Charamela, o Grupo Licor Café e Teatro As Maniotas.

Os encargados de levantar o pano este domingo serán os melidenses da asociación cultural Charamela con ‘Quen o diría’. Tomaralle o relevo o Grupo Licor Café de Cabanas que levará a escena ‘Rosenda, unha criada indecente’.

Tras estas dúas funcións que forman parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña, será o Tetaro Maniotas do IES de Brión o encargado de poñer o broche de ouro co musical ‘Ibáñez Cabaré o día 26. Tódalas obras son de balde e terán lugar os domingos ás sete da tarde.