A demora no remate das obras na estrada Boiro-Noia desta as críticas do PP

    estradacespon_100_300307.jpgBOIRO > O Partido Popular de Boiro denunciou o  retraso no remate das obras da estrada provincial entre Boiro e Noia.

    O voceiro do PP de Boiro e candidato á alcaldía por esta formación política, Xoán Xosé Dieste, sinalou que ‘é unha vergoña’ que esta estrada de titularidade provincial que discorre entre os núcleos de Boiro e Cespón se atope no estado actual, máxime cando as obras de mellora do firme se iniciaron hai xa catro anos, polo daquela executivo gobernado por Xesús Alonso.

    Xoán Xosé Dieste criticou a ‘pasividade e incapacidade’ do actual executivo que nestes anos non foi quen de levar a cabo esta obra, véndose agora os veciños na obriga de padecer innumerables atrancos, ó tratarse dunha via perigosa, tanto para peóns como para vehículos, cun firme irregular, chea de baches e sen pintar.

    Segundo os populares esta estrada é un dos tramos con maior densidade de tráfico de todo o municipio, cun considerable tránsito de vehículos pesados que se dirixen a unha conserveira existente na zona, dándolle ademais servizo a numerosos núcleos de poboación como é o caso de Abanqueiro, Exipto, Ferreiros, Trebonzos ou Cespón, entre outros.

    Redacción Barbanza