Consorcio e concello asinarán o convenio do centro de día en abril

    POBRA> O Centro de Día da Pobra poderá estar en funcionamento ó longo do segundo semestre do ano. A demora na posta en servizo débese ás negociacións que está a manter o Consorcio de Servizos e Igualdade coa FEGAMP co fin de conseguir un convenio tipo para tódolos concellos que permita rebaixar a aportación municipal. O convenio para a posta en marcha do centro de día da Pobra non se asinará ata pasado o primeiro trimestre do ano. Así o transmitiu o xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade posto que se está a xestionar coa FEGAMP o establecemento dun convenio marco que permita unificar criterios para tódolos concellos que conten con este servizo. De chegar a bo porto as negociacións, podería rebaixarse a contía de tres mil seiscentos noventa euros ó ano por paciente que tería que achegar o concello pobrense segundo o convenio actual. Durante a xuntanza tamén se abodaron outras cuestións que non aparecen recollidas específicamente no convenio como as obras de mantemento que precise o centro. Se ben, o concello tería en ocasións que adiantar os fondos para financialos, o consorcio estaría obrigado a asumilos posteriormente. Do mesmo xeito, comprometeuse a descontar do primeiro dos recibos unha vez en servizo, a contía de preto de dez mil euros que tivo que asumir o concello para o enganche da electricidade.