![]()
POBRA > A Secretaría de Estado da Seguridade Social confirmou á alcaldía da Pobra de que non trasladará as oficinas situadas na localidade.
O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, amosou a súa satisfacción pola confirmación da Secretaría de Estado da Seguridade Social de non traslada-las oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social existente neste localidade a Ribeira, tal a como denunciaran meses atrás os membros do Partido Socialista.
O rexedor pobrés arremeteu tamén contra os socialistas, ós que acusou de crear entre a veciñanza un gran alarmismo, que mesmo provocou a toma dun acordo plenario o pasado 25 de xaneiro no que se manifestaba a total oposición por parte da corporación municipal a un hipotético ou posible traslado destas oficinas a outro municipio da comarca.
Redacción Barbanza







