O BNG da Pobra volve demandar a saída de SOGAMA

    POBRA> Como xa fixera en anos anteriores, o BNG da Pobra volverá a levar a pleno o cambio no modelo de xestión do lixo. Reclaman a integración na mancomunidade Serra do Barbanza contra o que consideran un modelo ineficiente e pouco sustentable como o de Sogama. Non é a primeira vez que os nacionalistas pobrenses reclaman un cambio na xestión do lixo camiñando cara un modelo máis sustentable como o da Serra do Barbanza. A través dunha moción, solicitan ó executivo a elaboración dun estudo sobre a viabilidade da integración do concello na mancomunidade que actualmente xestiona os servizos da maior parte dos concellos da comarca de Muros Noia. Dende o BNG consideran esgotado e fracasado o modelo de SOGAMA que ademais do impacto ecolóxico supón un custo moi elevado, difícil de asumir polos concellos.