A galescola de Rianxo podería entrar en servizo a finais de abril

    galescolarianxo_100_020407.jpgRIANXO > A gardería municipal de Rianxo, inaugurada hai dúas semanas, podería entrar en funcionamento a finais de abril.

    O novo centro dará servizo a máis de oitenta nenos de todo o municipio, permitindo unha notable mellora das condicións familiares e a conciliación coa vida laboral.

    Segundo informou a Consellería de Vicepresidencia ó concello de Rianxo, a nova galescola estará en marcha a finais deste mes de abril. A gardería municipal contará con máis de oitenta prazas, para nenos de 0 a 3 anos, distribuídos en seis aulas e baixo atención de persoal cualificado. O amplo horario de apertura permitirá ós pais concilia-la vida familiar e laboral contribuíndo a incrementa-lo benestar social e a igualdade na parella.

    O alcalde de Rianxo considera que a inauguración da galescola supón un importante avance no eido social que repercurtiirá na calidade de vida dos rianxeiros. Por este motivo considera que os investimentos realizados para a súa construción e os que será necesario realizar cada ano para o seu mantemento non poden estar mellor empregados.

    Redacción Barbanza