RIBEIRA > Os membros da Asociación Sagres en Defensa do Litoral mantiveron a unha xuntanza cos voceiros dos partidos políticos do concello …
… para transmitirlle a súa preocupación en relación ó anteproxecto da macrodepuradora prevista para o lugar de Couso, en Aguiño. Os afectados manifestaron o seu interese poder estar presentes na xuntanza que os representantes municipais manterán ó longo deste mes co Conselleiro de Medio Ambiente.
Soamente faltou á cita o voceiro socialista que excusou a súa presenza por motivos profesionais. No transcurso da reunión, a plataforma veciñal solicitou que, tanto un representante da asociación, como un portavoz da confraría de pescadores de Carreira e Aguño, estean presentes na xuntanza que ó longo deste mes manterán os políticos locais co conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Vázquez.
Os afectados valoraron positivamente o transcurso desta reunión e, se ben, consideran que non hai un apoio unánime por parte de tódolos membros da corporación si se senten comprendidos pola administración local. Aínda que teñen as súas dúbidas con respecto á actuación da Xunta, polo que a súa intención é seguir ben de preto o proceso de interlocución entre ámbalas dúas adinistración.
O proxecto da EDAR de Aguiño contempla a implantación dunha macrodepuradora con capacidade para unha poboación equivalente de oitenta mil habitantes, nunha zona de indubidable riqueza ecolóxica e medioambiental, ademais da abundancia de recursos pesqueiros que presenta.
Proxecto alternativo
Os membros da plataforma son conscientes da necesidade de depurar pero, como eles mesmos din, ‘non a calquera prezo’, polo que propoñen unha alternativa baseada no modelo de microdepuradoras repartidas en diversos núcleos de poboación. Solicitan ademais que se dote ó polígono industrial dunha estación independente.
Á espera de que a Xunta se posicione, o colectivo de afcetados xa iniciou as medidas de protesta cunha numerosa concentración celebrada o pasado venres 24 de agosto. Agora, nun dubidarán en organizar novas protestas co fin de que as súas reivindicacións, baseadas no respeito a este emblemático paraxe, sexan escoitadas.
Redacción Barbanza