Industria dedica 18 millóns á internacionalizar as empresas galegas

    consello_albarino100.jpgPONTEVEDRA> A Consellería de Economía e Industria destinará 18 millóns de euros á internacionalización do tecido empresarial galego.

    {flowplayer}images/salnes/consello_albarino.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Consellería de Economía e Industria destinará 18 millóns de euros á internacionalización do tecido empresarial galego, a través do Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE.

    O Conselleiro Javier Guerra destacou hoxe en Pontevedra o exemplo de internacionalización, a través da colaboración entre empresas, que está a seguir a Denominación de Orixe Rías Baixas para consolidar a presenza dos viños galegos noutros países.

    O obxectivo do incremento destas axudas, é que outras empresas, sigan estes pasos. Dende o IGAPE conceden prioridade á internacionalización, no marco do Plan Re-Forza 2010. Nos traballos de promoción, para o posicionamento de Rías Baixas no exterior xa hai importantes accións en Xapón e levaranse a cabo tamén en China. Brasil, India e Australia, aínda que é país produtor, son próximos obxectivos da empresa, que poderá incluso chegar aos EEUU co convenio de colaboración co IGAPE.

    Segundo Guerra, que Galicia cambie o perfil do seu comercio internacional, é un obxectivo para esta lexislatura. Un 20 ou 25 por cento dos recursos do IGAPE dedicaranse a estes proxectos de internacionalización.

    Redacción Salnés