![]()
VILANOVA > Un susto de morte. Iso foi o que levou unha familia de Vilanova na tardiña de onte cando un raio caeu sobre a súa casa.
Rompeu parte do teito e fundiu toda a liña eléctrica da casa, situada na zona da Cerca, provocando varias explosións. Os danos son moi cuantiosos, anque confían en que o seguro se faga cargo de todo.
O peor, foi o susto, segundo contaba William Oriola, quen se atopaba vendo a tele coa súa nai no momento dos feitos. Escoitaron un gran ruído acompañado por varias explosións. Eran os circuitos eléctricos que quedaron completamente calcinados.
O raio afectou á propia estructura da casa, onde se poden ve-los efectos no tellado e nunha das súa paredes, pero tamén afectou a toda a instalación eléctrica: dende os enchufes ata o teléfono e o adsl que rebentou completamente. Afortunadamente todo quedou en danos materiais e nun gran susto para a familia Oriola que hoxe examinaba con máis detalle os desperfectos ocasionados na vivenda.
Redacción Salnés










