VILANOVA> As mascotas serán as protagonistas do entroido no Cannaval de Vilanova de Arousa. A cuarta edición desta peculiar festa terá lugar o sábado 29 as 17 horas no pavillón multiusos. Concursos e agasallos completan unha velada enfocada a potenciar a defensa dos animais.
En moitos fogares da nosa contorna, as mascotas son parte das familias. E como tal tamén merecen ter unha festa propia. No entroido de Vilanova, os animais domésticos son os protagonistas grazas ao cannaval. Unha celebración única en Galicia e que alcanza xa a súa cuarta edición.
No Cannaval entréganse 3 premios: Ao disfrace máis orixinal, ao máis gracioso e, o máis importante, á mellor combinación entre a mascota eo dono.
Os premios do concurso e o resto de agasallos consisten en diferentes servizos ligados ao coidado dos animais. Entréganos as tres clínicas veterinarias organizadoras do evento. Dende os centros destacan a importancia destas celebracións na loita pola defensa dos animais.
O Cannaval terá lugar o sábado 29 ás 17 horas no pavillón multiusos de Vilanova. Ao celebrarse en cuberto non hai risco de que se podan aprazar por mal tempo.