Tomás Fole: ‘Quero xogar na liga dos alcaldes’

    presentacionfole100_020407.jpgVILAGARCÍA > A plana maior do PPdeG reuniuse en Vilagarcía para arroupar ó alcaldable Tomás Fole, nunha ateigada …

    … praza da Peixería.

    Os populares definiron o seu candidato como un auténtico alcalde para Vilagarcía e acompañado dunha candidatura con experiencia. O PP lembrou o traballo realizado por Tomás Fole na oposición. Falouse de labor positiva, con moitas propostas presentadas e non se esqueceron os insultos vidos desde o equipo de goberno. O propio Fole describía así o que lles pasou nestes catro anos: ‘o PP propón e o goberno oponse’.

    presentacionfole200_020407.jpgDe Fole destacouse tamén que sabe traballar en equipo e que cre nel, fronte ó que sucede no PSOE en Vilagarcía. O PP referiuse a un partido socialista dividido coa elección do seu candidato. A maior crítica ós 16 anos de gobernos socialistas en Vilagarcía veu de Núñez Feijóo. O presidente do PPdeG afirmou que en Vilagarcía os feitos corresponden ó goberno popular da Xunta, mentres que as desfeitas chegaron co bipartito. ‘En cada estación houbo unha catástrofe, os incendios no verán, as riadas en outono, e en inverno o buque holandés, e en primavera trataremos de que se vote libremente polo cambio, nós temos un equipo novo’, indicou Feijóo, ó tempo que engadía que ‘mentres que o outro (Gago) se dedica ó festival porno, nós a Vilagarcía, que é o noso’.

    Para Vilagarcía Fole anunciou un compromiso con todos e para todos, con servizos sociais, axudas para a xuventude, unha xerencia de urbanismo, unha oficina de fomento empresarial, promoción do turismo e unha xestión eficaz dos impostos. Para poder cumprilo pediu a confianza dos vilagarciáns. ‘Quero ser alcalde para por ó PP na Liga de Campións da administración local’, indicou Fole.

    Redacción Salnés