Un novo accidente laboral sáldase coa morte dun home na fábrica ‘Hormadisa’ de Valga

    VALGA> Na fábrica de adobes ‘Hormadisa’ produciuse esta mañá un accidente laboral que se saldou coa vida de Baldomero Sanmarco, de 74 anos de idade. Baldomero era un dos donos da empresa e pese a estar retirado tódalas mañás visitaba as dúas naves que tiña en Valga.

    fbrica_morte_300_180907_-_still_001.jpgEste novo accidente laboral acontecía ó redor das 10:00 horas no concello de Valga. Baldomero Sanmarco Castromán era atropelado por unha máquina que lle fracturou unha perna e lle seccionou a femoral causándolle a morte. A maquina estaba perfectamente sinalizada e cuberta pero Baldomero pasou por unha zona de risco, o que provocou o incidente. Para atender ó home Urxencias de Galicia enviou unha ambulancia, ó médico de urxencias do centro de saúde de Valga e un helicóptero medicalizado pero nada se puido facer para salvar a vida de Baldomero Sanmarco. Segundo un dos traballadores da empresa o seu corpo foi trasladado ó tanatorio de Padrón, xa que pese a residir en Santiago, o panteón familiar atópase en Pontecesures.

    Redacción Salnés