Rouban cable de cobre e causan desperfectos no campo de Vilas

    RIANXO> O campo de fútbol de Vilas volveu ser escenario dun novo roubo de cobre. Os ladróns accederon ó recinto na madrugada do sábado e causaron importantes desperfectos.

    {flowplayer}barbanza/roubocampofutbolvilas.flv{/flowplayer}

    Non é a primeira vez que os ladróns escollen o campo de fútbol de Asados para roubar cable de cobre. Segundo un dos responsables das instalacións é xa a sexta vez que entran no recinto aínda que desta volta as perdas son maiores.

    Segundo as primeiras observacións, o roubo foi perpetrado por unha banda organizada dotada dos instrumentos necesarios para realizar a extracción do cable de xeito case profesional. Malia que entraron nas oficinas non levaron ningún material informático senón que se dirixiron directamente ó cadro eléctrico.

    Sucesos similares

    Ademais dos repetidos roubos de casos de fútbol, nos últimos meses rexistráronse tamén sucesos similares noutras instalacións como o parque empresarial de Té, ocasionando perdas moi elevadas.

    Dende o concello estudan xa fórmulas que permiten incrementar a seguridade para evitar estes roubos nas infraestruturas municipais.

    Redacción Barbanza