PORTO DO SON> O Club Náutico de Portosín acolleu a pasada tarde unha charla sobre a interacción cos mamíferos mariños que se achegan ata a costa. Concretamente, abordouse o caso de Manoliño, como é coñecido cariñosamente un arroaz que dende o 2019 vive na ría de Muros Noia.
Trátase dun exemplar ‘solitario embaixador’, un animal social que pola súa natureza e situación de soidade, busca contacto cos humanos. Sen embargo, estas interaccións poden ser perigosas non só para o cetáceo senón tamén para os humanos.
Responsables do CEMMA e do Equipo de Áreas Mariñas Protexidas da Demarcación Noratlántica explicaron ós asistentes os códigos de conduta a adoptar en presenza destes animais.