A parroquia de Castrelo, en Cambados, contará pronto con novas beirarrúas

    louzantourisencastrelo_100_100407.jpgCAMBADOS > A Deputación e o Concello asinaron o convenio polo que investirán 595.045 euros na mellora da seguridade vial da C-550.

    O proxecto da obra, que afecta a case dous quilómetros, plantexa un ancho de plataforma de 13 metros e medio, con dúas beirarrúas dun metro 1,80 metros cada unha, arcén nun lado de 0,50 metros e un aparcamento de 2,50 metros. A obra comprenderá tamén a recollida de pluviais, e o soterramento do tendido eléctrico para o alumeado, e finalmente, o asfaltado.

    O Concello de Cambados financiará o 30% do investimento con 63.754 euros no 2007; 44.628 euros no 2008; 38.252 euros no 2009 e 31.877 euros no 2010. Pola súa banda, a Deputación investirá o 70% restante nas seguintes anualidades 181.100 euros no 2007; 126.770 euros no 2008 e 108.660 no 2009. Ademais a Deputación será a encargada de licitar, dirixir e executar as obras, mentres que o Concello deberá poñer a disposición os terreos necesarios para executar as actuacións e tramitar a licenza municipal necesaria e as autorizacións precisas doutros organismos.

    Mellorar a seguridade vial

    velloandandoencastrelo_300_100407.jpgAs obras proxectadas, segundo informou Louzán, terán por obxecto ‘mellorar a seguridade vial da C-550 xa que é un tramo moi perigoso tanto para os peóns como para os vehículos’. As obras na estrada terían que ser acometidas pola Xunta de Galicia, pero o final serán financiadas polo Concello e máis a Deputación, xa que a Xunta non tiña intención de levalas a cabo e eran moi necesarias para  Castrelo.

    Segundo o presidente provincial, ‘os traballos afectarán a uns cen veciños, cos que se chegará a un acordo moi pronto para a cesión dos terreos’. Tamén anunciou a contrucción dunha rotonda nun dos tramos máis perigosos, xunto ‘O Noso Bar’. As obras están en licitación e comezarán en maio. O alcalde de Cambados loubou o traballo do edil de obras, José Antonio Domínguez, recén reposto dun grave accidente, na consecución desta obra, xa que logrou convencer ós veciños para a cesión dos terreos.

    Redacción Salnés