RIBEIRA> Na visita estivo acompañado polo alcalde, Manuel Ruíz. A Administración Autonómica, a través de Portos de Galicia, é quen sufraga o proxecto, cun orzamento superior ós 441 mil euros.
Dende hai varias semanas estanse a executar os traballos reordenación do paseo das Carolinas e da contorna do parque García Bayón. Esta mañá o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quixo coñecer de preto a marcha da actuación que permitirá rematar a renovación integral da fachada marítima da cidade, despois da mellora do Malecón, realizada xa o ano pasado.
O alcalde, Manuel Ruíz,agradeceu o investimento realizado pola Xunta nesta actuación, destacando o que suporá para a cidade, na busca dese proxecto humanizador.
Ademais o rexedor aproveitou a visita do delegado para pórlle ó corrente doutros proxectos de carácter autonómico que a Xunta ten en marcha no Concello como é o caso de proxecto de acondicionamento da AC-305 ó seu paso por Palmeira ou a futura variante, entre outros.