O PP integra na candidatura de Poio a Alberto Villaverde do CDS

    candidaturapppoio100_100407__still_002.jpgPOIO > Javier Domínguez, candidato á alcaldía de Poio polo PP, levará como número 3 a Alberto Villaverde, actual concelleiro do CDS

    … Unha integración importante segundo os populares, que tamén irán acompañados nestes comicios polo secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, pechando a candidatura.

    candidaturapppoio200_100407__still_001.jpgUn total de 26 persoas conforman a lista electoral que presenta o PP de Poio. O candidato Javier Domínguez definiuna hoxe como unha lista gañadora, renovada nun 55 por cento e que combina perfectamente xuventude e veteranía. Son 14 homes e 12 mulleres cunha media de idade de 40 anos e representativa de tódolos sectores de Poio. ‘En definitiva, unha lista extraordinaria que levará ó PP a volver a gobernar Poio’, engadiu o candidato.

    De número tres, Javier Domínguez leva a Alberto Villaverde, ata agora concelleiro polo CDS en Poio. Unha integración que destacou o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda. Ademais, Rueda ocupa o número 17 na lista popular en Poio, posto que aceptou dixo, por sentirse partícipe do proxecto de Javier Domínguez.

    Redacción Salnés