Catro mulleres copan os 6 primeiros postos da lista de Castro Ratón

    castroratoncandidatobng100_100407.jpgVILAGARCÍA > O BNG aposta por catro mulleres, nos seis primeiros postos da súa lista en Vilagarcía. O candidato Xosé Castro Ratón

    … irá acompañado por Ana Lorenzo, Rosa Abuín, Raquel Torrado, Manolo Rico e Covadonga García-Toriello. Deste xeito cúmprese o compromiso anunciado por Ratón, de ir máis alá da paridade de xénero que impón a lei electoral.

    bngvilagarcia200_100407.jpgExperiencia e renovación nos primeiros postos da candidatura do BNG en Vilagarcía. O candidato á alcaldía de Vilagarcía polo BNG, Xosé Castro Ratón acompáñase de novo polos seus compañeiros do grupo municipal, pero con lixeiros cambios respecto á pasada cita electoral. Polo que respecta á continuidade destaca a presenza de Ana Lorenzo como número 2. Esta avogada veciña de Bamio leva os últimos catro anos desenvolvendo a concellería con dedicación exclusiva do BNG.

    As novidades son, no número 3 Rosa Abuín e no 4 Raquel Torrado. Abuín, veciña de Carril e secretaria de Organización Comarcal da CIG, xa formou parte da candidatura do BNG en Vilagarcía nos anos 1999 e 2003, pero agora xa en postos de saída. Raquel Torrado é profesora no Instituto Cabanillas de Cambados.

    O quinto posto de Manuel Rico ten unha evidente carga simbólica, por canto a consecución desta acta representaría a concreción efectiva do medre que o Bloque agarda experimentar en Vilagarcía. A psicóloga Covadonga García, membro do Consello Local da Muller e da Autoridade Portuaria, ocupa a sexta praza. Como se ve, son Catro mulleres nos seis primeiros postos da lista de Castro Ratón, que amosan a aposta dos nacionalistas vilagarciáns pola política en feminino.

    Redacción Salnés