Dous loitadores noieses participarán no Campionato Galego de Kickboxing

    NOIA> Os amantes dos deportes de contacto terán unha cita este próximo sábado en Noia coa disputa do Campionato galego Absoluto de Kick Boxing. A proba, que está organizada polo Club ITF Noia e a Federación Galega de Kick Boxing, desenvolverase no pavillón municipal. O comezo do campionato está previsto para as catro da tarde, primeiro coa pesaxe de tódolos participantes, e os combaten comezarán a partir das seis. Hai que destacar tamén a presenza de varios loitadores locais. É o caso dos púxiles Ramón del Río, que peleará na categoría de menos de sesenta quilos, e Pablo Sande, que o fará en menos de 86 quilos. O prezo das entradas será de tres euros en cadeira e dous en grada para as eliminatorias, mentres que para as finais está fixado en oito euros cadeira e cinco gradas. A organización dispuxo ademais dunha entrada bono para ver todo o evento cun prezo de nove eeuros cadeira e seis en grada. Aproveitarase ademais a realización do evento para homenaxear a un membro do club, Xosé Ramón Martínez Freire, falecido hai dus anos nun desafortunado accidente de tráfico.