PORTO DO SON> A proposta formulada polos concellos de Ribeira e Porto do Son o pasado mes de abril, a través da firma dun convenio de colaboración asinada polos seus respectivos alcaldes, vén de recibir o visto bo da Xunta de Galicia.
Neste caso, Tahúme 8 incluirá dúas especialidades que serían cociña e confección e montaxe de artes e aparellos.
En total contará con vinte alumnos-traballadores participantes e terá unha duración dun ano. Na especialidade de cociña está contemplada a participación de doce alumnos de ambas localidades, tendo a Escola Municipal de Hostalería de Ribeira, situada no segundo andar do edificio do mercado de abastos, a súa aula de formación.
En canto á outra das especialidades da nova escola-taller conxunta, a de confección e montaxe de artes e aparellos, prevese a participación de oito alumnos e a súa aula de formación estará situada en Porto do Son.
Nos dous casos trataríase de especialidades formativas cunha alta demanda.