Laia Sanz participará no Campionato de España de Trial en Xiabre

trialxiabre100_110407.jpgVILAGARCÍA > A sete veces campiona do mundo de Trial Laia Sanz participará o vindeiro domingo no Campionato de España Feminino…

… No monte Xiabre tamén se disputará a segunda proba da Copa de España de Clásicas.

triallaiasanz200_110407.jpgO Monte Xiabre de Vilagarcía acolle, por primeira vez en Galicia o Campionato de España de Trial feminino e a Copa de España de Clásicas. Ambas probas están organizadas polo club local SQEM, coa colaboración da Fundación de Deportes Municipal e Fexdega. No recinto feiral da Maroma descansarán as caravanas e os moto – homes. No listado provisional de participantes hai uns 100 inscritos, pero espérase chegar ós 150. Unha trintena participará na proba feminina, con presenzas importantes. O domingo estará a sete veces campiona do mundo e recente Premio Reina Sofía do Deporte, Laia Sanz, tamén a campiona catalana Carla Carderé. Ambas competirán na categoría A.

trialveronicamiguens200_110407__still_001.jpgNa categoría B destaca a presencia da campiona galega, a vilagarciana Verónica Miguens, do motoclub SQeM. A de clásicas será a proba máis concorrida, con presencia de pilotos da talla de Fran Rico, Alfredo Gómez e Manuel Casado, con motos totalmente restauradas que superar os 50 anos de antigüidade, ‘pezas case de museo’, asegurou Alberto Miguens, presidente do SQeM. Polo club local irán os irmáns de Cangas Mauro e Raimundo Hermelo. A organización deseñou un circuíto que será fácil de seguir polos espectadores que se acheguen a Xiabre o domingo, con 3 zonas de terra, dúas de roca e outras 3 de auga.

Redacción Salnés