A apertura da variante de Pontearnelas permite obrar na vella ponte

    variantepontearnelas_100_120407_004.jpgRIBADUMIA > Unha semana despois da súa inauguración, milleiros de coches usaron xa esta nova ponte sobre o Umia.

    A nova variante, na que a Deputación de Pontevedra investiu máis de tres millóns de euros, desconxestiona o tráfico rodado, amplía a seguridade vial coa construcción de beirarrúas e elimina o punto negro que supoñía a vella e estreita Ponte dos Padriños, ata agora paso obrigado e que estes días está pechada para ser sometida a diversos arranxos. En principio levantarase o asfalto actual para sustituilo por pedra e crear unha zona semipeonil restrinxida ó tráfico pesado. O traballo disimulará tamén as tubarias que pasan a ambas marxes da ponte.

    variantepontearnelas_200_120407.jpgE mentres tanto, a nova ponte asume todo o tráfico da zona. Quen pasa por alí pode observar a moderna estructura en arco armonizada co entorno grazas a revexetación de taludes e replantacións. A variante, que sobrepasa o medio quilómetro, comeza na estrada Nogueira-Ponte Arnelas, e remata na mesma estrada no tramo Ponte Arnelas-Cambados mediante unha glorieta embelecida cun conxunto escultórico duns gaiteiros. Tamén na glorieta inicial, de Leiro hai unha escultura que representa a uns romeiros que van en peregrinación cara a capela de Santa Marta.

    variantepontearnelas2_200_120407_003.jpgE para completa-las infraestructuras, fíxose un novo acceso dende a rotonda de Nogueira cara Vilanova que permite un doado acceso ó colexio e á casa da Cultura de Tremoedo. Esta actuación da Deputación de Pontevedra era unha reivindicación histórica da comarca e, en especial, dos tres concellos afectados: Cambados, Vilanova e Ribadumia e, dende hai unha semana, é xa unha realidade.

    Redacción Salnés