Un partido con moito aroma a vinganza

baloncesto250_070308.jpgSALNÉS > Da xornada baloncestística destaca o encontro que disputará mañá o Extrugasa co seu verdugo na Copa da Raíña, o San José de León. O Inelga pola súa banda recibirá ó C.B. Sarria co obxectivo de acada-la súa sexta victoria consecutiva.

Fontecarmoa recibirá mañá a partires das 19:30 a un dos equipos máis fortes da Liga, o San José de León. Son terceiras no campionato doméstico e levan tempo demostrando que son un dos mellores equipos deste país, sobre todo despois de ve-los apuros nos que meteu ó Ros Casares na final da Copa.

Este ano temos tres antecedentes entre vilagarciáns e leonesas. No primeiro, en pretemporada, gañaron as de Isaac Fernández, nos dous seguintes, xa en partidos oficiais, gañou o San José aínda que as dúas veces por unha estreita marxe de puntos.

 Rival perigoso sen dúbida para o Extrugasa, sobre todo porque teñen tres xogadoras das máis desequilibrantes da Liga: Liron Cohen a base israelí, auténtica revelación deste ano e dúas americanas que anotan e rebotean con facilidade coma Alison Feaster e Murriel Page. Se o rendemento deste trío da xogadoras é alto, a victoria haberá que pelexala moito.

As armas do Extrugasa voltarán coma sempre a se-la intesidade defensiva e o xogo colectivo. Haberá que estar atentos ó estado das xogadoras exteriores que últimamente pasan por se-lo termómetro deste equipo.

No apartado de baixas, Miriam Herrera será dúbida ata o último momento debido a unhas molestias musculares. Importante encontro por tanto para o Extrugasa, que precisa da victoria para asegurar canto antes a súa presencia nos playoff polo título.

En Liga EBA, o Inelga xoga o domingo ás 12:00 en Fontecarmoa ante o Sarria, un equipo que está a notar a baixa de Borja Pérez que marchouse a xogar a Zamora, e promedia 22 puntos e 15 rebotes por partido que lle fan de longo se-lo xogador con maior valoración da competición. Polo tanto, se o Inelga continúa a xogar como o está facendo nas últimas semanas podería levarse cómodamente o seu sexto triunfo consecutivo.

Unha división por debaixo, destacar tamén o encontro que o Establecimientos Otero xogará ante o Club Baloncesto Riazor mañá ás 18:30.

Redacción Salnés