O torneo de Santa Rita batirá record de participación

tenis250_130509.jpgVILAGARCÍA> A XXI edición do torneo de tenis de Santa Rita foi presentada esta tarde. Organizado polo Club O Rial, este ano batirase o record de participación con 320 tenistas. A competición comezará esta semana e desenvolverase ata finais deste mes.

Chega como cada primavera o torneo de Santa Rita, este ano ademais batindo récords de participación, superaranse con creces os trescentos tenistas. Esta tarde foi presentado no Club O Rial, un acto ó que acudíu o presidente da Federación Galega, Antonio Santorio, que calificou este torneo como o mellor para categorías base de cantos se disputan en Galicia.

O torneo é o cuarto puntuable para o ranking do circuito Babolat e nel participarán alevíns, infantís e cadetes tanto rapaces como rapazas, aínda que o número de tenistas no cadro masculino será moito maior.

O torneo dará comezo este venres, e prolongarase durante esta fin de semana e as dúas que ven, quedando as finais para o día 31 de maio. Primeiramente disputaranse as fases previas onde os xogradores buscarán oito prazas para completar un cadro final onde agardan os 24 mellores por ranking.

Uns 25 xogadores do Rial intentarán en cada unha das categorías que o torneo quede na casa. Tamara Álvarez ou Iñaki Pena en cadete, son os que parten con maiores opcións.

Redacción Salnés