Roberto Fernández Lores crea un blog para comunicarse cos electores

    robertoloresblog100_110407.jpgSANXENXO > O candidato á alcaldía do BNG en Sanxenxo presentou hoxe o seu blog persoal. Segundo Roberto Fernández Lores, …

    … trátase dunha canle de comunicación coa cidadanía na que fai un relatorio da súa vida, presenta a súa candidatura e nunha semana xa o seu programa. Tamén anunciará os actos da campaña e reserva un apartado para que os electores se comuniquen con el.

    robertoloresblog200_110407.jpgwww.robertolores-bng.org. É a dirección web do blog persoal do candidato á alcaldía de Sanxenxo, Roberto Fernández Lores. Internet xa é un medio de comunicación máis nas campañas electorais, e no caso de Sanxenxo, de momento Lores é o único candidato que se anima a colgar o seu programa e biografía na rede e manter un fío de contacto directo cos seus electores.

    O blog de Roberto Lores preséntase con comentarios do que xurde cada día. Un dos apartados permite ó internauta falar co candidato, deixando os seus comentarios ou mesmo dirixirlle preguntas a través de correo electrónico. Estes días estase a confeccionar aínda a galería de fotos cos actos do BNG en Sanxenxo. No apartado de mellor equipo ofrécense fotografías e unha breve biografía dos membros desta candidatura e dentro dunha semana xa se poderá consultar tamén o programa.

    Non falta información do municipio, e por suposto o espazo dedicado ó propio candidato, onde Roberto Lores fai un breve repaso cun estilo coloquial da súa vida e afeccións. Un canle interactiva que augura continuar xa como alcalde. A través da web oficial do BNG tamén se pode consultar información sobre a candidatura de Sanxenxo.

    Redacción Salnés