A Illa, Meaño, Caldas e Ribadumia, próximos debates en TVSB

    CORPORATIVO > O programa Contrastes aborda a vindeira semana os debates electorais cos candidatos á alcaldía en A Illa de Arousa, Meaño, Caldas de Reis e Ribadumia. Esta semana rematou cos carteis electorais que se presentan en Pontecesures, …   

    … ó que asistiron: o actual alcalde Luís Álvarez Angueira (BNG), Luís Ángel Sabariz Rolán (PSOE), e Rafael Randulfe (PP). A única ausente foi Maribel Castro (IP).

    debatepontecesures300_200407.jpgO programa Contrastes, presentado por Antonio Blanco, continúa a vindeira semana con catro novos debates electorais. O luns estará dedicado ó concello da Illa de Arousa, para o que están convidados o actual alcalde José Manuel Vázquez (PSOE), Juan José González (PP) e Carlos Otero (BNG). O debate emitirase sobre as 22:45 horas, despois de As Novas do Día.

    O martes Contrastes reunirá ós candidatos á alcaldía de Meaño. Por este concello preséntanse catro partidos ós comicios de maio. O rexedor actual Jorge Domínguez opta á reelección polo PP, o BNG presenta a Maximino Gonzalo Dios, o PSOE a Mª Carmen Salgueiro e o Partido Galeguista a Manuel Touriño. O debate do martes emitirase sobre as 23:15 horas, despois do programa Agronatura TV.

    Os candidatos á alcaldía de Caldas de Reis debaterán en Contrastes o xoves. Antonio Blanco convidou para iso a Juan Manuel Rey (PSOE), Jesús Goldar (PP), Constantino Carou (BNG), Fernando Pérez (ICDR), e (IU). Este día a emisión do debate será despois de Orixe e Calidade, sobre as 23:15 horas.

    Xa o venres, veranse as caras os candidatos que se presentan no concello de Ribadumia. Contrastes convidou para este debate a Salomé Peña (PP), José Ramón Barral (IR), Ramón Mouriño (BNG) e Mª Teresa Lede (PSOE). Poderano ver despois de As Novas do Día, sobre as 22:45 horas.

     

    Redacción Salnés