IVIL propón diversas actuacións con cargo ó Fondo Estatal

    ivil100_151208.jpgVILAGARCÍA > IVIL presentou no rexistro municipal unha proposta de actuacións con cargo ó Fondo Estatal de Investimentos Locais …

    {flowplayer}images/salnes/IVIL.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Independentes por Vilagarcía, presentou no rexistro municipal unha proposta de actuacións con cargo ó Fondo Estatal de Investimentos Locais, aprobado polo Goberno central para axudar ós concellos a afrontar a crise. José Luís Rivera Mallo propón por unha banda medio centenar de intervencións puntuais que beneficiarían a todo o municipio.

    A proposta de IVIL recolle tamén unha serie de obras xerais, como pode ser unha auditoría técnica para mellorar as redes de sumidoiros co fin de evitar inundacións e danos por chuvias. Outras pasan polo saneamento de vertidos ás praias e ó río do Con, pavimentacións, beirarrúas ou alumeado, amáis de melloras no complexo polideportivo de Fontecarmoa. IVIL tamén quere aproveitar os seis milllóns e medio do fondo estatal para acondicionar o hórreo da Xunqueira, crear un vertedoiro de escombros de obra e melloras en materia de tráfico. Xunto a iso tamén está a creación dun Museo da Cidade e do Mar.

    Redacción Salnés